mércores, 18 de maio de 2016

Pobreza

Imos traballar a pobreza, e queremos concienciar á xente do noso centro no curso de 5º A EP. Imos dar datos actuais tanto do noso país, como de todo o mundo.

Eliximos este tema porque nos pareceu que á xente debería importarlle xa que, os parados teñen cada vez menos recursos, cada vez hai máis recortes, máis xente nas rúas... E porque nós con pequenas accións poderíamos cambiar un pouco a situación actual.


1.     Toda persoa ten dereito á propiedade, individual e colectivamente.
2.     Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.
3.     Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias de traballo e á protección contra o desemprego.
4.     Toda persoa ten dereito, sen discriminación algunha, a igual salario por igual traballo.
5.     Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que  asegúrelle, así como á súa familia, unha existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por cales queira outros medios de protección social.
6.     Toda persoa ten dereito a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
7.     Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente uns cos outros.
8.     Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.      
  4 Planificación
    Que actividades imos levar a cabo?- unha presentación power point, un video da pobreza e un xogo de roles.
    Onde as imos levar a cabo?- En 5ºA de EP.
    Cando as imos levar a cabo?- O día 15 de Xuño.
    Como as imos levar a cabo?- Dando datos reais, e tentando que a xente amoxen interese
lema e música
    
Banda sonora- billionaire de Bruno Mars
    
Lema- "Moita xente é pobre, todo o que teñen é diñeiro" (Sen diñeiro todos seríamos ricos) "Cando o rico manga diñeiro ao pobre, chamase negocio, pero cando pobre intenta recuperalo chamase violencia).
   
Programación:
Unha campaña de concienciación nos cursos de 5ºA de EP, onde lles ensinaremos unha presentación sobre "que é a pobreza?/, Como se vive?/ e o motivo polo que a maioría está na rúa".
Tempo e planificación:
Faremos esa charla o mércores 15 de Xuño ás clases de 5ºA de EP.
A presentación constará de un vídeo feitos con imaxes, unha presentación de power point, e un xogo de roles.




Ningún comentario:

Publicar un comentario